Mostrando entradas con la etiqueta Tim Burton. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tim Burton. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de agosto de 2008

Alicia + Burton = matrimonio perfecto?

Sempre co permiso de Helena Bonham Carter, claro.

A noticia publicouse na prensa inglesa e no noso País: Tim Burton está a facer unha adaptación de Alicia no país das marabillas. Parece que o rapaz leu a nosa alma, entrou no máis recóndito da nosa mente e chegou ao fondo dos corazóns de todos os que estamos namorados da Alicia de Carroll. Ben por Burton!

Carroll + Alicia + Burton, o mellor trío da historia; nada de Anais Nin, nin Kerouac, nin Soon Yi... vaites, vaites e revaites!! E o mellor, quen vai facer de sombrereiro tolo? pois si, o mesmiño Johnny Depp, quen se non!!

A boa nova é que a peli rodarase en setembro en Plymouth; a mala, que ningún ser vivo vai ser quen de achegarse a menos de 2 millas dos enclaves en cuestión. Que se non fora así, xa tiña eu o voo, o bed & breakfast e o antiácido para sobrevivir ao fish & chips.

Cando supere o shock deste primeiro momento, escribirei un post serio e normal sobre o tema. Mentres e para ir facendo boca, fotos de dúas das localizacións: