martes, 29 de abril de 2008

Sleepy Hollow

Debido ao desganado repouso do lugar e ao carácter peculiar dos seus habitantes, descendentes dos primeiros colonos holandeses, este val solitario ven sendo coñecido hai tempo polo nome de Valgada Somnolenta e os seus rapaces coñécenos como os mozos da Valgada Somnolenta por toda a rexión veciña. Unha influencia letárxica e soñadora parece espallarse pola terra e impregnar a atmosfera. Algúns din que o lugar enfeitizouno un doutor alemán nos primeiros días da colonia; outros, que un vello xefe indio, o profeta ou o mago da súa tribo, fixo os seus congresos alí antes de que Hendrick Hudson descubrira o país. O certo é que o lugar aínda se atopa baixo a influencia dalgún poder máxico que ten enfeitizadas as mentes da xente de ben, provocándolles camiñar nun soño continuo. Dálles por todos os tipos de crenzas marabillosas, a cotío caen en transo e adoitan ver estrañas visións e escoitar música e voces no aire. En toda a veciñanza abundan as lendas locais, os lugares enfeitizados e as turbias supersticións. As estrelas e os meteoros cegan máis a miúdo o val que ningunha outra parte do país, e o pesadelo e maila súa cohorte demoníaca parecen consideralo o escenario favorito dos seus xogos.

Washington Irving, "The Legend of Sleepy Hollow" (1820)

1 comentario:

aultre narai dijo...

oh!! interesante blog!! que arte! xD

pasareime máis veces por aquí! :D

saúdos