jueves, 31 de julio de 2008

O orfanato (2ª parte)

O do orfanato de Jersey va camiño de superar calquera ficción, incluíndo as máis macabras. Dende que escribín a primeira parte, vai máis dun mes, esquecín o tema. Mais hoxe vin a noticia no País e nos informativos e volvín guglear para ver que atopaba de novo pola rede.
Resumindo: en total, hai xa máis de 100 restos óseos e 65 dentes de leite, ademais dun soto cunha bañeira de formigón manchada con sangue. Nalgúns destes restos aparecen marcas de cortes e de lume polo que se pensa que, tralos asasinatos, intentaron facer desaparecer os corpos desmembrándoos e logo queimándoos na cheminea. Crese que estes restos datarían de finais dos anos 60, principios dos 70. Segundo os investigadores, vai ser difícil datar con exactitude a morte ou a identidade dos desaparecidos.
Tamén se está a investigar un búnker empregado polos nazis na segunda guerra mundial e que está a medio quilómetro do orfanato. Hai denuncias de que o personal do orfanato trasladaba alí os nenos para podelos torturar entre os anos 60 e 80. Polo momento, xa hai 6 ou 7 detidos, mais coido que esto vai para largo. As investigacións arqueolóxicas, que comezaron hai dous anos, parece que agora dan resultados.
Ía poñer fotos, mais casi que paso. Se alguén quere ver o que hai por ahí, non ten máis que escribir "Haut de la Garenne" en Google Imaxes, hai unha boa variedade e para todos os gustos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Desde luego hay veces que las películas de terror se quedan bien cortas, cuánto animal suelto hay por ahí.